SIAREIR@S é un programa de apoio aos clubs deportivos da cidade de Vigo, a través da promoción das súas actividades. O principal obxectivo de SIAREIR@S é conseguir incrementar o número de soci@s de cada club da cidade, para consolidar a traxectoria deportiva destas entidades, nunha cidade cimentada nos valores deportivos da honestidade, o esforzo e a saúde.
Baixo o lema "Somos SIAREIR@S", somos deporte, complementario do xeral que aporta a Concellería de Deportes (Vigo, terreo de xogo), esta é unha iniciativa única en toda España, que aglutina a unha parte importante dos clubs deportivos de Vigo a través dun proxecto definitivo, o cal amosa a todos os vigueses e viguesas a meirande oferta deportiva local.
Obxectivos de SIAREIR@S
Siareiros naceu, por tanto, con tres obxectivos principais:
1) Alentar ao deporte base da nosa cidade co fin de crear unha sociedade cimentada nos valores deportivos da honestidade, soliedariedade e saúde.
2) Axudar aos equipos de Vigo a facerse un oco no máis alto do deporte nacional.
3) A posibilidade para os equipos de Vigo de poder adestrar nas instalacións municipais de forma gratuíta.
SIAREIR@S, NO TERREO DE XOGO CHAMADO VIGO
Vigo é un terreo de xogo que desenvolve unha gran oferta de actividade deportiva a través de 230 clubs en máis de 40 disciplina, SIAREIR@S ofréceche a posibilidade de poder participar directamente destas actividades a través da obtención dalgunha das tarxetas de socios SIAREIR@S.
Tes varias opcións para facerte Siareir@:
Podes acudir ás instalacións de VIDE (no IMD das Travesas).
Podes ir ás oficinas do club do teu barrio, e alí cumplimentar o formulario de inscrición.
Podes descargarte o formulario dende este mesmo portal de internet.
Hai dous modelos diferentes; ao facerte socio podes optar por: Carné Siareir@ Club ou Carné Siareir@ Elite.
CARNÉ SIAREIR@ CLUB
Con esta tarxeta, que custa coma sempre 6 euros, preténdese desenvolver unha campaña de dinamización para a captación de socios das entidades deportivas de Vigo ofrecendo un producto moi interesante para todas as persoas interesadas na actividade deportiva.
Vantaxes para as entidades adheridas ao programa SIAREIR@S CLUB:
1) Participar no programa de promoción de captación de socios a través da
autorización para a dinamización da Tarxeta Siareir@ CLUB.
2) Obter as vantaxes da xestión de socios a través do programa de VIDE SIAREIR@S.
3) Ser beneficiario das promocións exclusivas do programa SIAREIR@S, descontos en empresas colaboradoras, participación en promocións, estar presente na páxina web de VIDE, etc.
4) Obter as axudas para o uso das instalacións deportivas municipais.
5) Xestionar a través de SIAREIR@S, a captación de empresas colaboradoras.
6) Ofrecer a todos os socios e socias as vantaxes do carné Siareir@ Club.
Vantaxes do CARNÉ SIAREIR@ CLUB:
1) Participar directamente da actividade do club a través do cal te fas
Siareir@.
2) Como socio Siareir@ poderás obter grandes vantaxes:
Participar en sorteos promovidos dende a Fundación VIDE.
- Ter descontos especiais en comercios adheridos ao programa SIAREIR@S.
- Recibir información de interese deportivo da cidade de Vigo.
- Ter acceso persoal ás accións dinamizadas dende a Fundación VIDE para o programa SIAREIR@S
- Participar a través da web da Fundación VIDE.
CARNÉ SIAREIR@ ELITE
Se realmente che gusta o deporte, e queres disfrutar dos éxitos dos clubs deportivos de Vigo, esta é a túa tarxeta SIAREIR@S. Con ela, este ano de cor verde, poderás ser SIAREIR@S ELITE, co teu equipo favorito, e ademais colaborarás no proxecto deportivo do equipo.
1.- Colaborarás co teu club de forma directa. A máis soci@s, máis axudas
poderá conseguir a entidade da Fundación VIDE.
2.- Poderás asistir de balde a todos os partidos de competición do teu equipo, pero tamén dos outros once conxuntos do programa SIAREIR@S.
3.- Poderás participar das ofertas deportivas, así como dos sorteos e premios que SIAREIR@S achegará durante toda a tempada dende a páxina Club SIAREIROS-FARO DE VIGO, a web, os clubs ou nos propios partidos.
REQUISITOS PARA SER SIAREIR@ ELITE:
Cumplimenta o formulario de inscrición a través do teu club, da oficina de VIDE ou da web.
Os prezos da tarxeta SIAREIR@S ELITE para a tempada deportiva axústanse ás peculiaridades de cada afeccionad@.
Para esta tempada oo prezos dos carné SIAREIR@S continuarán conxelados atendendo á situación económica actual (seguen sen subir dende 2007). Os
afeccionados/as que queran ter un carné Familiar deberán presentar a fotocopia do DNI dos titulares e a do Libro de Familia.
Incorpóranse posibilidades para sectores específicos: o parado, o pensionista (se é ou non pensión non contributiva, PNC) e a unidade familiar que non acade os 3.540 euros anuais, per cápita, ou de
5.530 € no caso de familias numerosas (é dicir, un mínimo de ingresos anuais).
A documentación necesaria é:
• Fotocopia do Libro de Familia ou título de familia numerosa e declaración da renda de pai e nai (Familiar especial).
• Declaración da renda (Pensionista PNC).
• Tarxeta universitaria (Universitario).
• Cartilla do paro (Parado).
Para esta tempada 2017/2018 os
prezos dos carnés SIAREIRO ELITE continuarán conxelados atendendo á situación económica actual. Dende 2007 segue ao mesmo prezo sen subir tampouco o IPC. Os afeccionados/as
que queiran ter un carné Familiar deberán presentar a fotocopia do DNI dos titulares e a do Libro de Familia.
Seguen as posibilidades para sectores específicos: o parado, o pensionista (se é ou non pensión non contributiva, PNC) e a unidade familiar que non acade os 3.540 euros anuais, per cápita, ou de
5.530 € no caso de familias numerosas (é dicir, un mínimo de ingresos anuais).
A documentación necesaria, segundo os casos, é:
•Fotocopia do Libro de Familia ou título de familia numerosa e
declaración da renda de pai e nai (Familiar especial).
•Declaración da renda (Pensionista PNC).
•Tarxeta universitaria (Universitario).
•Cartilla do INEM actualizada (Desempregado)
10 % dto. para os Siareiros (presentando o carné no momento da compra).
Avda. Fragoso, 41
36210 Vigo
Tel. 986 234 147
DOBLE F SPORT
12% dto. para os Siareiros (presentando o carné no momento da compra).
Manuel Martínez, 3
36210 Vigo
Tel. 886 138 535
VIAXES ZONDA
Av das Camelias, 130,
36211 Vigo
Tel. 986 21 30 58
E-mail: erika@viaxeszonda.com
www.viaxeszonda.es
5% de desconto aos Siareiros no precio base (sen tasas) en Viaxes Club de Viaxes Zonda.
Descontos aos Clubs adheridos ao programa Siareiros.
CLUB BEMBRIVE FUTBOL SALA
Oficina: Torreiro S/N - Mosteiro - Bembrive 36313 VIGO
Pabellón: Camiño da Capela S/N
Teléfono
Escuela deportiva: 658103460
Otros teléfonos: 678787834
Correo electrónico:
¿Quere colaborar co Club?
¿Está interesado en patrocinar ó Club?