Betanzos e Miño acolleron a pasada semana a fase previa do
Campionato de España sub 16 e sub 19 feminino de fútbol sala.
O noso club tivo representación na categoría sub 16 por medio de Lucía Osorio e Antía Ribeiro, que sen dúbida puideron vivir unha experiencia emocionante. Dende o club queremos destacalo seu papel e
transmitirlle os nosos parabéns pola convocatoria, seguide así campionas!
Comezaron a fase previa empatando nos últimos instantes do partido contra a selección de Madrid, que vencería a penaltis. E despedíronse do campionato con bo sabor de boca malia non poder obter a clasificación, venceron fronte Castela A Mancha por 3-1.
Lalín acolleu o sábado, 28 de decembro, a fase final do campionato de seleccións comarcais. Ambas seleccións lograron clasificarse a fin de semana pasada na fase previa que se xogou en Marín (A Raña).
- INFANTIL FEMININO
Contaban coa participación por parte do noso club de Antía Boullosa e foron as vencedoras do campionato.
-
- ALEVÍN FEMININO
Contaba coa participación de Sara Osorio e Sabela Garrido. Lograron quedar subcampionas.
Moi orgullos@s das nosas que fixeron un bo papel cos seus respectivos grupos.
Onte os equipos da nosa base e tamén o corpo técnico tiveron unha visita moi especial. Puideron gozar da compañia de Mario Paz Bahillo (Pollito), o que foi o noso capitán na 2° División B;
tempadas onde se acadaron os resultados máis gloriosos da historia do noso club.
Actualmente é xogador da 2° división italiana e milita nas filas do Virtus Rutigliano. Dende aquí agradecela súa visita, esta sempre será a súa casa, e desexarlle que siga loitando polos seus
obxectivos e cumplindo soños! @mariopazbahillo
#verdespolomundo?
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE LA RFEF
A semana pasada disputouse o campionato de seleccións autonómicas ds categoría infantil feminino en Ejido. O noso club contaba coa representación de LUCÍA OSORIO e hoxe, cuns días de retraso, queremos destacar a súa labor e darlle a noraboa pola súa participación, así como polo seu esforzo.
O seu grupo contaba con rivais fortes do nivel de Andalucía e Madrid. Os resultados non foron os agardados e sumaron tres derrotas fronte a Murcia (5-4), Andalucía (10-0) e Madrid (6-2). Non
obstante, conseguiron impoñerse a selección de Navarra no seu último partido para despedirse cun mellor sabor de boca (9-2).
Finalmente, sería a selección madrileña a que lograría facerse co campionato tras vencer a Aragón por 2-5.
Do 2 ao 4 de marzo disputouse en Lugo o campionato de seleccións comarcais.
- INFANTIL FEMININO
Contaban coa participación por parte do noso club de Lucía Osorio e Paula Estévez como xogadoras e con Sabela Garrido como adestradora.
Na fase de grupos conseguiron dúas victorias contra Pontevedra (2-1), cun gran gol de Lucía, e contra Santiago (4-0), non obstante caerían ante a selección de Coruña por 4-2. A selección gañadora foi
a de Ourense.
- ALEVÍN MIXTO
Contaba coa participación de Fabio Cespón e non lograron pasar da fase de grupos onde cairon fronte as selección de Pontevdra, Santiago e Coruña. A gañadora foi a selección de Ferrol.
- ALEVÍN FEMININO
Contaba coa participación de Antía Boullosa e María Barcia. Na fase de grupos sumaron un empate contra Santiago (2-2) e unha derrota contra Coruña (2-3), na semifinal perderon contra Pontevedra
(3-2). A selección gañadora foi a de Lugo.
Moi orgullos@s d@s nos@s que fixeron un bo papel cos seus respectivos grupos.
FURANCHO: OS VERDES DE SAN BLAS
Pasou o día, pasou a romería.
Queremos agradecer dende o club a tódalas persoas que colaboraron connosco, ás que botaron unha man cos preparativos, ás que estiveron detrás da barra ou na cociña, así como a tódolas persoas que
viñeron a consumir e compartir con nós uns intres desta festa. GRAZAS.
En decembro e en Mondoñedo celebrouse o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-16 e Sub17. Seis das nosas xogadoras foron convocadas coa Selección de Vigo e tivemos a sorte de poder velas desfrutar coas súas compañeiras dos outros equipos dentro do campo! Sen dúbida esta experiencia non fai máis que sumar na súa aprendizaxe, seguide así ??????
EXEMPLO A SEGUIR
Arquitecta, traballando en Italia e ademáis facendo o que máis lle gusta na máxima categoría.
Moito sacrificio pero cunha gran recompensa.
SempreVERDE
Agradecer tamén a labor de Faro de Vigo e, concretamente, de Montse Gónzalez Iglesias dándolle visibilidade ó fútbol sala feminino e vigués.